Agoraphobia

Artista:

Data de Lanzamento

Descripción

Dende Boiro, comarca do Barbanza e coa ría de Arousa de testemuña, dunha das vilas máis bravas da nosa terra, chega esta descarga de pura enerxía garaxe/punk/rock “riot girl”, reclamando o seu posto coma unha das bandas máis prometedoras do panorama musical…

Agoraphobia volven con forza… moita forza…e nós estámolas agardando …

 “Agoraphobia nace un 8 de marzo de 2013” , como lembra Susana (vovalista) xunto coa súa compañeira Aislinn (guitarra), e formaron a banda con Sabela (guitarra), Paula (batería), Lucía (baixo), perfilándose cun son garaxe-punkrock moi persoal que lles foi dando sona nos circuitos e salas.

A súa primeira grabación seria foi unha maqueta autoproducida “Mentir y Gobernar”  (A Regueifa, 2010), punk en castelán que se sube para a súa descarga ao netlabel. Tras un tempo de parón, deciden porse de novo en marcha no 2013, conservando o nombre, pero trátase xá dun proxecto novo, constituido polo quinteto: “Cando nos formamos no 2013, decidimos conservar o nome porque ‘Agoraphobia punk’ xa se desfixera, e Susana e Aislinn formaran parte dela. O que xurdíu no 2013 é a banda actual, con outras compoñentes e outro estilo, na que só se conservou o nome”
O seu background é o seu mellor aval. Gañar o “Vodafoneyu Music Talent” 2013 foi o comezo da súa meteórica carreira. É o espaldarazo definitivo para gravar o seu primeiro EP: “Dirty Little Things” (Autoproducido, 2014). Editado en CD e gravado nos estudos Global Music Studio (Madrid) con Carlos Sainz como productor. Neste disco inclúense sete temas e o remix do corte inicial, “Night of the living dead” ou “Phrases for pulling” e “Song IV”, e esa mecla de garaxe, western e surf de “Pat Garrett & Billy the kid”. Letras cargadas de ironía e sarcasmo, rock efectivo, ramalazos punk rock e riffs pesados que axudan a manter un ritmo frenético.

Co seu “Dirty little things” percorreron toda España con artistas como Delorean, Lory Meyers, The Zombie Kids ou Russian Red…

Dous anos consecutivos participando no South by Southwest (SXSW) en Austin, Texas, a feira musical onde se dan cita as bandas noveles máis relevantes de todo o mundo, permitíulles colleitar un éxito moi porriba das expectativas iniciais abrindo camiño para novas oportunidades noutros países.

Con “Ready to Play” (Autoproducido, 2015), acadaron o respaldo dos seus siareiros e foron quen de  entrar nos circuítos de “Girando Por Salas” e “Artistas en Ruta”. Cidades como Madrid, Barcelona, Bilbao ou Sevilla, foron testemuñas do seu aplastante directo, e serviulles para facerse un oco en festivales coma Portamérica, Shikillo Festival, Festival da Luz, FIV de Villalba, Suberrock, Vértigo Estival ou Low Festival entre outros….

Neste 2018 xa están nos line-ups dos festivales máis importantes da península: confirmaron MadCool, Resurrection Fest, Festival, Xigante, Montgorrok e…agora tamén no SUPER BOCK MORRASOUND ROCK FEST 2018

No outono do 2017 chega o seu derradeiro traballo e primero longa duración “Incoming Noise(Dotbeat, 2017), preparadas para dar o gran salto á escena internacional. Gravado nos estudos Nakra (A Coruña), e producido por Iago Lorenzo (Furious Monkey House, amplifier). É unha historia de fundamentos vitais, un disco no que plasman “todo o ruido que levamos dentro” e que supon outro paso adiante ns súa carreira. Dez cortes contundentes con cadencia noise e ecos stoner, con influenzas que van de Queens of Stone Age ou Nirvana a Sleater-Kinney. Melodías pop con estribillos efectivos e cancións redondas como “Karlova”, “É unha opinión” ou “Grape juice”. Contundencia e distorsión son o nexo entre dez temas directos e homogéneos fieis ao seu principio de narrar historias e crear universos sonoros paralelos que conflúen nun único obxectivo: facer bailar á xente.

Cunha base altamente explosiva, a presión sobre o escenario é o mellor colchón para unhas guitarras poderosas e contundentes. Entre elas, faise oco a personalísima voz de Susana, cun carácter irresistible que seduce á audiencia máis esixente.

Agoraphobia son: Susana (vocalista), Sabela (guitarra), Paula (batería), Lucía (baixo).

Discografía:

2014 – Dirty Little Things

2015 – Ready to Play

2017 – Incoming Noise

Cancións