Anarchicks non son unha enérxica banda feminina de punk rock. Porque como din elas “aínda que estean composta por catro mozas, isto non debería ser particularidade ningunha”. O que son en realidade é unha enérxica banda de punk rock que chega desde Lisboa para disparar música en todas direccións a través dun cuarteto de voces disidentes formado por Rita Sedas, Katari, d’Armada Moreira e Syntheque (os seus nomes de batalla).
Inspiradas polo movemento Riot grrrl posiciónanse contrarias a todo tipo de indiferenza para así combater o statu quo. Xa sexa desde salas ou desde espazos da talla do Vodafone Mexefest ou o escenario principal do Super Bock Super Rock.
En directo non hai dúbida: se a música é unha arma, elas son o gatillo! e apuntan ao sexismo e a todos aqueles “dignos de que lles peguen un tiro”. Ámelas ou as odies, as Anarchicks están aquí e viñeron para quedar.