Morrasound Rock Fest

Domaio – Moaña

A Asociación Sociocultural Fontenla, asociación sen ánimo de lucro, é a encargada de organizar o Morrasound Rock Fest. Agardámoste os próximos 2 e 3 de Xullo para que disfrutes connosco. Saúde e Rock & Roll !!

Enlaces de interese

Séguenos nas redes

Cirkompacto

No espectáculo Hell Brothers, Rejhuz e Setén son o fillo e filla de Satán. O seu pai, farto de aguantar a estes dous completos inútiles malcriados e aspirando a ser emérito por fin, decide botalos do inferno para que aprendan a gañarse o mal por si mesmos. Rejhuz, o maior dos dous, é un ególatra petulante que inventou un aparello coa finalidade de conseguir almas e amosar ó seu pai que é un digno herdeiro. Xunto con Clakghs, a súa irmá pequena, unha completa tarada que o segue a todas partes, chegan á terra dispostos a dominar á humanidade, pero… Que é o que van atopar?

CIRKOMPACTO é a unión creativa de Iván Casanova e Malala Ricoy. Unha compañía de recente creación que, nacida baixo a premisa da importancia que o circo e as artes escénicas tiveron e teñen na educación social, pretende encher de contido os seus espectáculos.

 

Web InstagramFacebookYoutube 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche no enlace para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies