Detalles:

Data:
05/20/2017
Hora:
12:00 AM
Localización:

Xardíns do Concello de Moaña

Descripción

O MORRASOUND 2017 QUENTA MOTORES

Despois dun ano de espera, a Asociación Cultural Fontenla volve con ilusións renovadas a pola edición do Morrasound Rock Festival deste 2017. A presentación terá lugar este vindeiro sábado ás 12 horas no salón de plenos do Concello de Moaña onde se desvelará a data da segunda edición.

Para celebrar a noticia, terá lugar un concerto presentación no entorno dos xardíns situados diante do Concello de Moaña, en sesión vermú a partir das 13 horas, acompañado do operativo habitual nos eventos organizados pola asociación: barra con bebidas e pinchos a prezos populares, e posto co novo merchandising deste ano.

A música, como sempre en directo, correrá a cargo da banda pontevedresa Wavy Gravies, executores dun rock´n roll con toques surf, garage ou frat. Nesta ocasión virán acompañados de Koko, o baixista de Breakin´ Bones, outra das bandas habituais da escea rockabilly galega.

Antes e despois da actuación, soarán os temas máis selectos da colección de rock de DJ Orli.

A Asociación Fontenla comeza deste xeito unha serie de eventos previos que irá organizando pola comarca para promocionar un dos festivais de maior proxección do Morrazo.

Evento Localización

Últimos Eventos

16 Sat
Morrasound 2017

Morrasound Rock Festival 2017

Mirador da Fontenla. Domaio. Moaña 11:00 AM

Festivaleiros do mundo!!! o 16 de setembro vinde a pechar o verán como se merece ó Mirador da Fontela en Domaio co Morrasound…

Saber Máis
19 Sat
Jaguars

Concerto Jaguars

Detras da Praza de Abastos de Moaña 10:30 PM

Morraseir@s!! Aquí seguimos "on the road", así que agardámosvos para rockear na ROCKMERÍA MORRASOUND sábado 19 de agosto…

Saber Máis
12 Sat
Rockmería. Gold & Colt

Rockmería. GOLD & COLT

Detrás da Praza de Abastos de Moaña 01:30 PM

Morraseir@s!! Aquí seguimos coa mostra do que o Morrasound deste ano será puro espectáculo de calidade. Así que...!…

Saber Máis
22 Sat
Martelo

Presentación do Cartaz Oficial, Morrasound 2017

Xardíns do Concello 01:30 PM

Amantes do rock isto é para vos!!! O sábado 22 de xullo, ás 13:00h, nos xardíns do concello de Moaña: PRESENTACIÓN…

Saber Máis