Morrasound Rock Fest

Domaio – Moaña

A Asociación Sociocultural Fontenla, asociación sen ánimo de lucro, é a encargada de organizar o Morrasound Rock Fest. Agardámoste os próximos 12 e 13 de Xullo para que disfrutes connosco. Saúde e Rock & Roll !!

Enlaces de interese

Séguenos nas redes

Morrasound Rock Fest/Familia Caamagno

Familia Caamagno

Familia Caamagno

Familia Caamagno están de volta!
“HABÍA QUE INTENTALO”
Os cinco infraseres de Sigüeiro volven máis bailongos e enerxéticos ca nunca co seu novo traballo discográfico: “HABÍAQUE INTENTALO”.
Neste novo LP os Caamagno despregan un compendio de melodías pop, ritmos frenéticose retrousos coreables co único afán de facer bailar á mocidade máis dinámica do ESTADO. Temos ante nós un novo álbum, formado por oito cancións e un bonus track, no que poderanse atopar auténticos himnos contemporáneos do POP ENERXÉTICO, coma Castromil, O peor non son os cartos ou Un día espectacular. Dialogando cos seus discos anteriores, continuístas no rock & roll de inspiración 60’s pero cun afán renovador: Tabernas e rotondas, Cocogualla e Proceso Soberanista.
Xa,afastados do purismo máis cheirento, os Caamagno sorpréndennos con dous cortes: Guapos de primeira, inspirado nos ritmos de ultramar e Canción Moderna de Oriente probablemente o título máis descritivo da historia.
Este novo artefacto está gravado entre os días 2 e 7 de febreiro nos estudios  Circo Perrotti de Xixón. Ao igual que os dous anteriores está producido, mesturado e masterizado por Jorge Explosión, agás o corte Canción Moderna de Occidente, que está producido, gravado e mesturado por Hevi no Laboratorio Soyuz e masterizado por Cem Oral en Jammin’Masters (Berlín) en maio de 2018. Este flamante novo álbum da Familia Caamagno está orgullosamente editado pola cántabra e ovetense disqueira Folc Records e o estupendo deseño corre a cargo de Leo Sousa. Familia Caamagno, a banda galega que máis motoserras acendeu, a que máis gasta en roupa, a que tivo o ácido úrico perigosamente alto aos dez anos…VOLVE! porque…

Último Álbum

Familia Caamagno

Habia que intentalo

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche no enlace para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies