Foxy Freire

Artista:

Data de Lanzamento

Descripción

Foxy Freire é unha banda galega creada no 2010 cun sonido que nutre do Rock de finais dos 60 e principios dos 70, influenciada por bandas históricas como Led Zeppelin, Black Sabbath, Cream, Leaf Hound, Blue Cheer, MC5, The Doors, Jimi Hendrix o Grand Funk Railroad, e outras máis actuais como Queens of the Stone Age o Fu Manchu. Nas súas composicións misturan xéneros coma o Stoner, Rock psicodélico e Blues unidos ó Rock & Roll tradicional e Hard Rock.

Os seus cinco compoñentes, Virxilio da Silva (guitarra e voz), Fernando Sánchez (guitarra), Paco Charlín (baixo) e Max Gómez (batería), son grandes músicos galegos de jazz experimentados e recoñecidos no panorama nacional, no que levaban xa caseque unha década colaborando entre eles e con outros músicos de relevancia tanto nacional como internacional, tendo no seu haber multitude de discos autoproducidos e autofinanciados ás súas costas. Paralelamente á súa dedicación musical habitual, deciden presentar un novo proxecto orientado ó rock, onde demostran pegada a pegada que é outro xénero no que se se atopan cómodos e manexan con personalidade.

Dende o seu pequeno local de ensaio de Moaña escomenzou o xermen do que sería o seu primeiro traballo de estudo, un EP de título homónimo fraguado os anos previos recorrendo os escenarios de salas e festivais galegos e do norte de Portugal ata a súa publicación no 2012. O traballo foi posible grazas a un proxecto de crowdfunding  no que acadaron superar a cantidade e poder facer realidade o seu álbum debut.

O seu segundo e derradeiro traballo á estas datas é “Mongoose Tree”, de novo autoproducido e publicado no 2015 tras outro exitoso proceso de crowdfunding. Éste é considerado por moitos como un dos millores discos nacionais do ano. Foi grabado nos prestixiosos Boom Studios de Portugal, misturado por Jose Gutierrez “Jota” e masterizado por Roger Seibel nos SAE Studios de Phoenix (Arizona). Formado por cancións en galego e inglés que manteñen e definen inda máis un estilo que non perde as súas referencias rockanroleiras.

Unha mostra do crecemento como banda foi o recoñecemento no 2016 nos “III Premios Martín Códax da Música”, donde foron premiados como “Millor Grupo de Rock”

Como vía de escape á súa dedicación jazzística, este quinteto da nosa terra decidíu recuperar o son da música que lles acompañou mentres descubrían a súa vocación, darlle forma, e crear unha banda que é pura enerxía e complicidade en directo.

Fuente: esturionmusic.com

Cancións

Deixar un Comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *