Julian Maeso

Artista:

Data de Lanzamento

Descripción

Curtido na escena nacional non só en The Sunday Drivers, dos que foi membro fundador, senon tamén en bandas como Andabluses,  The Blackbirds, Speaklow, Aurora & The Betrayers o The Sweet Vandals.

Julián Maeso é un reputado creador de sons e cancións con tres álbumes en solitario ás súas costas.

O máis recente é Somewhere, Somehow, unha obra emocionante e conmovedora que desplega tódalas influencias de Julián.

Maeso é además de multiinstrumentista, un dos mellores especialistas no órgano Hammond do estado e grazas a esa mestría xirou con artistas coma M-Clan ou Quique González, grandes divas do soul coma Irma Thomas, Betty Harris o Martha High, e tamén reclamado como teclista, anque a nómina das súas colaboracións inclue a artistas coma Pájaro, Ken Stringfellow, Taylor McFerrin o The New Master Sounds e a oportunidade de telonear a músicos da talla de Jakob Dylan, Paul Weller, The James Taylor Quartet, Maceo Parker o Neneh Cherry. Isto permitiulle le ha permitido ampliar o seu indiscutible oficio.

A outra gran característica deste artista nado e forxado en Toledo, reside no seu apaixoado coñecemento dos distintos xéneros que confluen no rock. E de aí surde o salto do Maeso instrumentista ó Maeso compositor, un salto que deu en 2012 cando publicou Dreams are gone, o seu debut en solitario. Aparecía xa como cantante, compositor e músico nun disco de moitos quilates, grabado ó xeito antigo e con cancións de longo desenvolvemento. Gurgullaban aí os pilares da súa carreira, entre ecos de The Band, Cream, alt country, blues-rock, soul, Bob Dylan, Van Morrison o Crosby, Stills, Nash & Young…

Creatividade, inspiración e libertade marcan as cancións de Dreams Are Gone, no que Maeso revélase como un músico total: voz, órgano Hammond, guitarras eléctricas e acústicas, baixo, batería, Mellotron, órgano Wersi Orion, Wurlitzer, piano, ukelele, harmónica, melódica, Nautilus…

A fusión de estilos tamén dominou One way ticket to Saturn (2014), un álbum dunha forza inusual, impulsado por unhas cancións nas que o optimismo do funk e o rock setenteiro ocupan o lugar que antes dominaba a nostalxia blues. Do disco dobre con 19 temas de Dreams Are Gone, ás nove cancións concisas e diretas deste segundo poderoso e contaxioso álbum.

En Somewhere Somehow, publicado recentemente, Maeso entrégase ó instinto salvaxe do entusiasta do rock para completar unha obra apaixoante. Deixase o alma nas 11 xoias que o compoñen, diversas todas elas, diferentes incluso entre o seu punto de partida e o de chegada, invitando ao ointe a converterse en protagonista dun viaxe por cores e sons nos que se coñece a orixe, pero nunca o destiño.

Cancións