Morrasound Rock Fest

Domaio – Moaña

A Asociación Sociocultural Fontenla, asociación sen ánimo de lucro, é a encargada de organizar o Morrasound Rock Fest. Agardámoste os próximos 12 e 13 de Xullo para que disfrutes connosco. Saúde e Rock & Roll !!

Séguenos nas redes

Morrasound Rock Fest/Kings Of The Beach

Kings Of The Beach

Kings of the Beach naceu en Vigo no verán de 2013 e son Adrián Rodríguez(guitarra, voz), Yago Guirado (baixo, voz) e Samuel Otero (batería). A principios do 2015 publican a súa primeira demo, “Badass”, golpeando duramente no sempre prolífico escenario galego. Un ano despois, en febreiro de 2016, publican o seu primeiro EP, “Bat Pussy”, obtendo moita repercusión nacional e internacional e causando moi boa impresión en medios como Rne3 ou Mondosonoro, entre outros. O son de KINGS OF THE BEACH pode definirse como salvaxe, de praia e rápido. Coma un sopapo na cara. Comparado con Pangea Together, Jacuzzi Boys ou o FIDLAR, fardan “un directo rápido, con suor e moitas ostias”. Participaron en importantes festivais (SXSW, Atlantic Fest, O Marisquiño), foron finalistas do 30º Concurso Internacional de Bandas de Vila de Bilbao na Categoría Pop / Rock e compartiron escenario con bandas nacionais e internacionais como The Gories, Sexy Zebras, White Fang e Metz.

Último Álbum

Kings Of The Beach
Kings of the Beach

Super Awkward, Fucking Awesome

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche no enlace para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies