Kitai

Artista:

Data de Lanzamento

Descripción

A mistura é boa… e ás probas remite este polivalente grupo de catro músicos que se xuntaron en Madrid coa idea de crear da nada unha banda diferente. Desta fusión de personalidades nace KITAI, cun carácter único no escenario e un direto esmagador.  Ós poucos meses de nacer xa eran gañadores a nivel nacional do festival Wolfest 2013.

KITAI é un cóctel explosivo: Alexander, de orixe ruso, é a voz desta banda, todo alma, podría se-lo irmán bastardo do malacadado Ian Curtis (Joy Division) que anega o escenario coa súa personalidade. Fab, un tinerfeño que reventa o baixo con cada nota, da escola de Flea (RHCP) nos seus millores e máis inspiradas épocas. Edu, un vallekano que acariña a guitarra co minimalismo de John Frusciante e a enerxía de Matt Bellamy. E demolendo os tambores e platiños está Deiv, un baterista atípico e hiperactivo, cun longo historial na escena musical.

A primeiros do 2014 lanzan o seu primeiro EP ‘ORIGEN‘, co que percorren xa a península con máis de 50 concertos, pechando a xira de Origen este verán nos festivais Sonorama Aranda, Dcode fest, & Polifonik festival.

Agora presentan o seu novo traballo ‘VIRAL‘. Un EP formado por catro temas grabado no Estudio Uno e Sir Vladius Studio. Producido por Eduardo Molina, misturado por Juan de Dios (Camarón, Baron Rojo, Burning, Los Delinquentes, Muchachito, Bunbury, Marlango, Ivan Ferreiro, Xoel Lopez…) e masterizado por Juan Hidalgo en Mastertips (Sunday Drivers, Marea, Barricada, el Bicho, la Fuga….).

Diferente e sen etiquetas

Eles fan Rock, Rock en castelán, pero non se lles poden pendurar ningunha das xa manidas etiquetas. A que soan entón KITAI? É unha experiencia persoal e intransferible para cada ointe. Letras en castelán, melodías vocais con aires a Radiohead ou Muse, instrumentacións que te levan a Red Hot Chili Peppers o a Faith No More.

KITAI é música Rock con maiúsculas, é Rock de verdade, sen poses. Como canción de presentación elexiron ‘SUPERIOR‘ e para realizar o video volven contar con Mauri D. Galiano. Cun estilo moi cinematográfico e unha estética nada ordinaria, o vídeo compaña perfectamente o estilo musical da banda á que podemos ver en acción. Agora KITAI voltan ás estradas para seguires gañándo concerto a concerto un sitio dentro da escena rock estatal.

diariocritico.com

Cancións