Válvulas ao límite desbordan o seu eléctrico elixir por ambas as canles. Unha melodía sinxela multiplica a súa euforizante efecto nunha radiante infinidade. A emboscada rítmica é atroz. Non se fan prisioneiros. Los Enemigos –grupo esencial do rock en castelán con máis de tres décadas de traxectoria e un cancioneiro clásico de principio a fin– abandonan a trincheira e desbaratan calquera simulacro de resistencia en apenas tres minutos. Enteiros, como sempre. Desatados como nunca. Feros e tenros, como a vida mesma. Engastando palabras maiores en versos de arte menor. Coa determinación que require toda conquista.
“Bestieza”, o décimo álbum en estudo do cuarteto formado por Josele Santiago, Fino Oyonarte, Chema “Animal” Pérez e David Krahe, publicado o 6 de marzo, supón a enésima demostración de poderío voltaico, inventiva lírica e actitude rockeira do grupo madrileño. Responsables dalgunhas das cancións máis influentes da nosa música popular contemporánea, Los Enemigos realizan un envexable exercicio de síntese creativa neste novo traballo, producido por Carlos Hernández e autoeditado a través do seu selo, Alkilo Discos. E tras a publicación do disco agarda unha extensa xira de presentación que volverá levarlles por todo o país, propiciando o caloroso reencontro coa súa afección. Un acontecemento para a música española, non lles caiba dúbida.