Los Saxos del Averno

Artista:

Data de Lanzamento

Descripción

LOS SAXOS DEL AVERNO naceron coma un estratosférico cuarteto de saxofóns que acompañaba ao grupo de rock Ginferno.

Xa no 2015 comezaron a colabourar como sección de metais invitada noutros grupos, actuando por exemplo con The Limboos no Funtastic Dracula Festival e na presentación do seu primeiro disco “Space Mambo” en Madrid. Ese mesmo ano, colaboran no disco e na xira de “He matado al Ángel” (Happy Place Records) do mestro Andrés Herrera “Pájaro”. E as colaboracións non finan, xa está á venda o novo disco de Julián Maeso “Somewhere Somehow” (Sony Music) no que tamén arranxaron e gravaron un par de cancións.

 Sen deixar de lado a súa faceta como sección de ventos invitada, e motivados por todos estes proxectos, deciden ascender do Averno para se consolidaren como banda independente e escomenzar a facer a súa propia música. Unha sorte de R&B cavernoso, flameado con toques latinos e alta dose de Rock que esnaquizarán las solas dos teus zapatos antes de que remate cada concerto.

Nesta nova etapa como banda, Dani Niño se únese ó tecladista e organista Juan Carlos “Chavi” Ontoria (Shirley Davis & the Groove Family, OGUN afrobeat, Forastero…) para capitanear este novo proxecto que parte do R&B dos sesenta e cociña a lento as súas propias cancións. Nos seus concertos poderás bailar desde temas de Herb Hardesty, Fats Domino o Little Willie John ata música orixinal recén saida do Averno. Para isto contan co baterista Miguel Benito “Pete” (Gatos Bizcos, Xoel López…) e con toda a familia saxofónica: Luis Verde (Niño Josele, CMQ Big Band…) ó saxo alto e Ariel Brínguez (Irakere, Chucho Valdés…) ó tenor. Cinco grandes músicos que farán que che queimen os pés.

 Premio ó “Millor álbum de Músicas do Mundo” con “Erta Ale” nos VI Premios da Música Independente.

Cancións