Los Wavy Gravies

Artista:

Data de Lanzamento

Descripción

Con antecedentes en bandas como Los Hijos Bastardos de Peter Lorre o The Allnight Workers, os irmáns Martín e Jorge Lorre comenzan un novo proxecto a principios do 2014, coa idea de facer dos seus concertos auténticas celebracións do Rock’n’Roll, donde o punk, o surf instrumental, o garaxe ou incluso o frat teñen unha cita ineludible coa diversión e o sentido do humor.

Para isto reclutan para a causa al Sr. Doble M á guitarra, finalmente, a formación complétase no 2017 coa entrada de Koko (Toxic Patrol, Breakin’ Bones, Pegas Negras…) ao contrabaixo, para redondear esta festiva banda de Rock´n´Roll

Nos seus directos podes topar versións de grandes bandas, como The Fireballs, Link Wray, Johnny Guitar Watson, Bo Diddley, Flamin’ Grovies o Screaming Lord Sutch, ademáis de temas propios de recente gravación a principios deste 2018.

Los Wavy Gravies son: Rufus El Guarro (batería), Jorge Lorre (guitarra e voz), Doble M (guitarra), Koko (contrabaixo)

Discografía:
2018 – Kings Of The Underground