Morrasound Rock Fest

Domaio – Moaña

A Asociación Sociocultural Fontenla, asociación sen ánimo de lucro, é a encargada de organizar o Morrasound Rock Fest. Agardámoste os próximos 2 e 3 de Xullo para que disfrutes connosco. Saúde e Rock & Roll !!

Enlaces de interese

Séguenos nas redes

Morrasound Rock Fest/Lou Reyes Band

Lou Reyes Band

Lou Reyes Band

Con 30 anos de carreira profesional, Lou Reyes preséntase agora coa súa nova aínda que coñecida banda. Deixando atrás xa os Rockin’ Corsarios, e despóis de formacións e experiencias como Lou Reyes&Los Astros, Lou Reyes & The Wild Bunch, Los Horizontes, Los Mustang Charros ou a mencionada Los Rockin’ Corsarios, o actual show de Lou Reyes é un pouco compendio de todas elas, o que inclúe dende o rockabilly máis cincuentero, pasando polos toques country ata o tex-mex máis rancheiro. Nin máis nin menos que puro Lou Reyes, o Rock’N’ Roll Rancheiro.

Grabando o seu primeiro disco en 1989, Lou Reyes traballou con produtores como Jaime Stinus (Orquesta Mondragón, Los Rebeldes, Loquillo), Iñaqui Altolaguirre (Loquillo) ademáis das súas propias produccións. E con músicos como Dave Gwynn ( Miguel Rios, Marlango..) Hec Oliveira ( Orquesta nacional de Jazz..ou Raphael..)..Steve Jordan ( Los Secretos, Flyin’ Gallardos), Lads Sánchez ( Vargas Blues Band, Coque Malla),ou Tato Vázquez ( Bakin’ Blues Band).

A actual banda de Lou Reyes a forman algúns dos seus compañeiros de moitas aventuras, o guitarrista Germán Prieto ( L.R & Los Astros,Los Mustang Charros, Los Rockin’ Corsarios.., ademáis do seu propio grupo Los Lombardi) , o baterista Fran Facal ( L.R. & The Wild Bunch, Los Rockin’ Corsarios e en formacións como Miskatones, Degüello, Bakin’ Blues Banda e un longo etc), a acordeonista e teclista Anne Tooming, tamén compañeira en Los Mustang Charros e o contrabaixista Juyma Estévez, que compaxina a banda de Lou Reyes e o seu propio Jazz Trío entre outros proxectos. Unha banda sólida e resolutiva, que sona potente e elegante.

Puro espectáculo, puro rocanrol, puro Lou Reyes.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche no enlace para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies