Mad Martin Trío

Artista:

Data de Lanzamento

Descripción

Mad Martin trío é o novo proxecto que lidera Martin Esturao despois de seis anos nas estradas xirando por España e resto de Europa coa súa anterior banda. Acompañanno  ó contrabaixo, Guillermo González e Manuel Brey á batería.

O trío arranca coa grabación dun CD editado por Molusco Discos. “Seven Lucky Shots“, seis temas propios e unha versión, transformándose nun High energy Rockabilly trio.
O 17 de abril do 2014 debutaron coa presentación dun EP “It was a very good year“, título tomado dun dos temas talismán da banda, unha versión do tema de Ervin Drake que fixo popular Frank Sinatra, dende entón xa publicaron un mini-LP “Seven Lucky Shots” e un LP “Time To Go Mad” editado para a discográfica sueca Vintjärn Records e que inclue 11 temas de autoría propia e 3 versión de clásicos.
Dende este ano fan máis de 80 concertos, dende pequenos locais de rock&roll a grandes eventos ó ar libre e festivais.
O high energy Rockabilly trío segue a medrar…

Premios:
Premios ” Pousadiños 2015″, “Azkena Rock Party 2015″, Premios ” Los 7 Magníficos 2017″

festimadtaste.es laiguanaclub.com

Cancións