Mago Álex Louzao

Artista:

Data de Lanzamento

Descripción

De ilusións tamén se vive.
O espectáculo de maxia do Mago Álex Louzao é un show cargado de ilusións onde as sorpresas e o asombro van medrando a medida que avanza. Viaxes imposibles,maxia cos últimas tecnoloxías como o whatsapp e a utilización de móviles,prediccións, e mesmo a revelación e explicación de efectos de maxia. As adiviñacións do pensamento tamén están presentes,asi como aparellos que farán suar ao público e demáis trebellos que, xunto coas historias e relatos que acompañan a cada maxia, crearán un ambiente divertido,misterioso e de tensión. A experiencia do xoven ilusionista facendo maxia na Radio fai posible a realización de milagres imposibles a través do teléfono e ata maxia sen obxecto ningún.

No espectáculo está presente en todo momento e en gran cantidade o humor, a retranca,o teatro, a maxia, así como a peculiar capacidade do artista para analizar as expresións dos espectadores levando sempre á realización de misteriosas adiviñacións. Ai si! E o máis importante, a participación do público !

“Donas e cabaleiros, forasteiras e forasteiros; traballadas con ilusión, as seguintes maxias naceron na cabeza e medraron no corazón.
Rógolles que se manteñan nas súas butacas e permanezan ben atentos, pois a piques están de xurdir estes encantamerntos.
Sen outro obxectivo que arredalos do aburrimento, da falta de creatividade e a inspiración en declive,benvidos todos a… De ilusións tamén se vive.”