Morrasound Rock Fest

Domaio – Moaña

A Asociación Sociocultural Fontenla, asociación sen ánimo de lucro, é a encargada de organizar o Morrasound Rock Fest. Agardámoste os próximos 2 e 3 de Xullo para que disfrutes connosco. Saúde e Rock & Roll !!

Enlaces de interese

Séguenos nas redes

Morrasound Rock Fest/O´Funk´illo

O´Funk´illo

O funkilllo

O regreso da banda orixinal. Os creadores do funky andaluz embrutessío
volveron por todo o alto no 2018 celebrando os seus 20 años de carreira
con “20 Años Ajierro & 30 Amigos Embrutessío’” (Spyro Music, 2018), coas súas mellores cancións gravadas novamente e con trinta colaboracións de luxo. Foi aló polo 1998 cando nace unha superbanda en Sevilla chamada Los Motherfunkers, formada por catro dos mellores músicos da cidade. Dous anos despois e cambiar de nome, apareceu no mercado o disco que revolveu as tripas do funk/rock/metal en España: O´FUNK´ILLO acababa de lanzar o seu primeiro longa duración e a industria musical e o público púxose ós seus pes. Despois de ese primeiro disco, lseguíronlle outros catro que levaron á banda a tocar nos festivais máis prestixiosos do país, a gañar numerosos premios e a dar máis de 1.500 concertos na súa carreira ata a súa desaparición no 2016. ¿Qué ocorrirá no 2019? Neste inicio de 2019 anuncian DOCUMENTAL que resumirá os seus 20 anos de carreira e que pechará unha etapa. Lanzan o single “Tengo que Madurar”, parodia do “Stayin´Alive” dos Bee Gees, canción que é toda unha declaración de intencións por parte dunha banda que alcanzou a madurez musical e personal. Unha banda moito máis adulta, moito máis rodada, con novos horizontes e novas responsabilidades, cargada de profesionalidade, pero sobre todo, coa enerxía de sempre.

Último Álbum

O Funkillo Album
O´FUNK´ILLO

20 años ajierro & 30 amigos embrutessío

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche no enlace para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies