Pajarito

Artista:

Data de Lanzamento

Descripción

Natalia Outeiro “Pajarito” é actriz, pallasa, directora de teatro e circo con máis de 10 anos de experiencia sobre os escenarios, e unha boa cantidade de espectáculos vencellados ás artes do circo. É unha das fundadoras de PistaCatro Productora de Soños, e traballou con outras compañías galegas como Chévere, Panamesiana oo Voadora.

SINOPSE.
A VIDA TOLA de “PAJARITO”.
Este espectáculo de clown e escapismo para todos os públicos, achéganos de preto ao peculiar universo desta muller-nena que anda solta polas rúas, fai de cada praza e ocasión un novo xogo cada día.
Xunto con todo o que a rodea, sucédense momentos de risas inesquecibles a través da súa interacción co público e cos transeúntes que paran a ver as tolerías que lles ofrece esta gran pallasa.
PAJARITO é a número un, e a número dous tamén….é patrimonio da humanidade, a oitava marabilla do mundo!!! Con dous voluntarios, moitos xogos e un fermoso número de escapismo percorreremos en aproximadamente 45 min o proceso de liberación das súas ataduras, onde a pequena “pajarito” remata libre coma o vento e con moitas ganas de…”coñecer mundo”.
Final con lúa de mel, Felipe “eres tú mi príncipe azul que yo soñé…”, con acrobacias, voda e moita máis diversión. A frescura desta pallasa fai que cada función, cada praza, cada príncipe sexa irrepetible.