Peter Punk E Brais Das Hortas

Artista:

Data de Lanzamento

Descripción

Peter Punk é un dos pallasos máis programados e destacados en Galicia. Conta con máis de 1000 funcións ás súas costas en diversos países, programacións e espazos. Os seus espectáculos gozan dunha grande acollida por parte do público cativo e adulto.
Comenza arredor de 2003 có espectáculo unipersoal “Chungo Que Te Cagas”, que perfilará o seu humor fresco, irreverente e orixinal.
Nos seguintes anos terá unha evolución meteórica. Crea o seu segundo unipersoal, “A Chungatrona”, no que mantén o seu estilo singular.
Máis tarde crea dous espectáculos dirixidos polo pallaso e dramaturgo Walter Velázquez: “Peter Punk e o Neno Imperdible”, con música ao vivo, creada e interpretada por Brais das Hortas, con quen comparte elenco. “E Peor Imposible”, o espectáculo máis recente, e no que se confirma a madurez deste pallaso internacional.
Actualmente realiza un novo espectáculo musical infantil con Brais das Hortas e dirixido de novo por Walter Velázquez: CONCERTO PUNKINFANTIL.
Espectáculos:
Chungo que te cagas
A Chungatrona
Peter Punk e o Neno Imperdible
Peor Imposible
Olimpiadas
Concerto PunkInfantil

Brais das Hortas. Músico dende 1996. Actualmente en grupos como Sacha na Horta e Blues do País. Músico e clown no espectáculo “Peter Punk e o Neno Imperdible”.
Na “Tropa De Trapo” toca guitarra eléctrica, clásica, acústica e portuguesa, laúde árabe, frauta chinesa, caixón, batería de refugallo, darbouka, karkaba, kalimba, beatbox, harmónica, antenas tubulares, melódica, efectos sonoros…
Formou parte da Banda Fura Fura, que homenaxeou a Zeca Afonso.
Compón e grava BSO para A Tropa de Trapo, Peter Punk, Titereficciós (BSO de Chove, espectáculo para bebés)
Actualmente realiza un novo espectáculo musical infantil con Peter Punk Pallaso e dirixido por Walter Velázquez: CONCERTO PUNKINFANTIL.

SINOPSE CONCERTO PUNKINFANTIL
Dous músicos atópanse en escena por erro, un cantante punk e un cantante infantil condenados a compartir escenario, tras descubrirse e recoñecerse van confluíndo, progresivamente, nun espazo común e
acaban creando un delirio musical chamado “Concerto PunkInfantil” e o seu grupo @s Monch@s …