Rockin Gina & The Sentinels

Artista:

Data de Lanzamento

Descripción

Rockin´Gina and The Sentinels é unha banda galega de rock and roll clásico formada no 2011, e que bebe dos sons máis puros dos anos 50’s. Os seus temas propios son bailables e cheos de enerxía, aos que, a súa voz femminina de Rockin´Gina dalle unha especial cor, coa súa voz aveludada e conmovedora a partes iguais. No 2011, publican o seu primeiro disco, “Let´s elope, baby!”, con versións, e no 2014, o seu segundo traballo, “Trust me”, que xa amosa o talento desta banda cos seus temas propios.
No 2016 publican “ONE CRAZY NIGHT!”, que conten 12 temas orixinais ao máis puro estilo Rockin´Gina, temas con moita enerxía, baladas conmovedoras e “countrys” clásicos que enganchan de principio ó fin.
Graban en vinilo na primavera de 2018 “I´M TIRED OF WAITING”, catro temas da súa autoría fideis ó seu estilo, maduros, con enerxía e coidada presentación. SEN DÚBIDA, A CONSOLIDACION DA BANDA É UN FEITO E ASÍ QUEDA DEMOSTRADO COS SEUS 20 TEMAS PROPIOS RECOLLIDOS EN TRES DISCOS.
Arroupada de grandes músicos como son Klauss ó contrabaixo (Rockabilly Duet, Mr. Whiz), Germán á batería (Mr. Whiz, Creepers) e David Lemos (Greenwater) á guitarra, son a fórmula perfecta para transportarnos ó pasado e desfrutar da boa música feita con moito gusto.

Rockin´Gina & The Sentinels son: Rockin´gina (voz e guitarra acústica), Klauss whiz (contrabaixo), David lemos (guitarra eléctrica), German whiz (batería)
Discografía:
2011 – Let´s elope, baby
2014 – Trust me
2016 – One crazy night!
2018 – I´m tired of waiting

Cancións