Ruxe Ruxe

Artista:

Data de Lanzamento

Descripción

Para moit@s é por méritos propios unha das bandas máis lendarias do país movéndose á marxe dos grandes poderes da cultura, das modas e do políticamente correcto e converténdose ano tras ano nunha das bandas senlleiras do punk-rock galego con xa máis de duascentas cancións orixinais publicadas na lingua de Rosalía e Castelao.

Co espiritu de loita por bandeira, do rock do país, do rock libre e de combate, do realismo máxico e do corpo a corpo sinceiro, directo e emocional a esencia do adn dos Ruxe Ruxe queda patente en cada disco editado e en cada concerto que deron dende os seus inicios no ano 96.

Ruxe Ruxe foi, é e será unha banda de culto. As súas cancións son banda sonora en peliculas, anuncios de TV, programas deportivos e xa forman parte da memoria colectiva dunha parroquia de galegos e galegas que sempre lles agasalla o seu cariño, admiración e respecto.

Son parte fundamental da música en galego. Tocaron en incontables festivais do país e fixeron xiras que os levaron ininterrumpidamente polos mellores escenarios tamén alén das nosas fronteiras e sempre con moi boa acollida tanto polo público como pola critica.

20 anos que seica lles pasaron como 20 segundos e neste novo disco falan precisamente de todas as experiencias vividas polo grupo neste tempo. 20 anos despois e máis en forma, con máis calidade, máis emotividade, máis carisma, máis rápidos e máis intensos que nunca. Aquí volo presentamos. 
Agora tócavos escoitalo no Morrasound Rock Festival´18 !!!

Vinte anos non son nada…!!!
Adiante, sempre adiante…!!!

Cancións