Santos Morcegos

Artista:

Data de Lanzamento

Descripción

Santos Morcegos é unha banda de rock/surf instrumental formada no 2008 en A Guarda, máis concretamente no cativante barriada do Fedorento.

Precisamente é a singularidade deste barrio mariñeiro o que marca a personalidade desta formación. Surf clásico, western, bandas sonoras e referencias cinematográficas… Todo ten cabida en “Raios e Centolas”, o terceiro traballo autoeditado que conta unha vez máis co deseño gráfico do ilustrador e debuxante de cómics Jano, e que se presenta nunha flamante edición en vinilo de cor vermello.

Qué pasaría se metemos nunha turbo-mix a grandes clásicos como El Lago de los Cisnes, Fur Elisa ou a mesmísima Marcha Fúnebre xunto con Antonio Banderas en Desperado, unha infancia chapoteando nas praias nas que desaugan os teus propios desperdicios e temperásemos todo cunhas xenerosas doses de reverb? A resposta a ten esta creativa e xove formación… Nos albores da década dos 80, cando os pantalóns láser e a laca reinaban nas rúas, cinco rapaces armados con bermudas e monopatín, de fala brava e a entreperna escocida do salitre, dessenvolveron nun pequeño e cativante barrio de casas baratas ó pé da praia un estilo de vida, un idioma, e un comportamento únicos ó marxe dunha sociedade que lles rexeitaba. Fedorento é o nome desta comunidade con aires a verán da que veñen estes tíos, que vinte anos despois, e tomando o nome dunha das series que marcarían as súas infancias, aparescen no panorama musical independente con moito que dicir. Arroupándose cunha temática revirada, cómica e aparentemente sen sentido de pantalonetas e funerais, zombies mariachis e mergulladores calavera, e á espera de que a súa primeira maqueta “The Abrecadáver EP” vexa a luz, xa se gaban de ter teloneado a Elvez sen nin sequera saber cómo… A súa mensaxe, claro e liante á vez:  Surfedorento Lifestyle !

ocioengalicia.com last.fm

Cancións