SES

Artista:

Data de Lanzamento

Descripción

SES é unha cantautora coruñesa de traxectoria ascendente e imparable que tras a súa irrupción no mercado no ano 2011 está considerada pola prensa como “a revolución da escena musical galega”.
Se algo podemos destacar de SES é o seu enorme carisma e forza personal, xa de sobra demostrada en centos de concertos en moi diferentes escenarios, pobo a pobo e ciudade tras ciudade. Ós poucos e grazas á transmisión boca-orella, a súa intensa personalidade e honestidade á hora de manifestarse, foi conquistando ao público cun caudal de enerxía que clama pola unión e o cuestionamento do establecido.
O estilo de SES mestura coas doses exactas os ingredentes desa fórmula máxica que acadan un resultado orixinal e xenuino: rock’n roll, tradición oral galega e certa cadencia da canción de autor latinoamericana con actitude punk, reinvindicación e manexo escénico cunha constante e permanente interlocución cos seus siareiros dentro e fora dos escenarios.
O seu discurso bravo e contundente, valente e directo, fan da figura de SES a voz de moitos e moitas, o altofalante certeiro que defende aquilo no que sería ideal crer.

SES conta con miles de siareiros e siareiras que enchen os seus concertos, e unha das cousas máis destacables é o amplo abán de idades do seu público; nos seus directos é habitual ver corear as súas cancións dende as crianzas cos seus pais e nais ata os seus avós e avoas, a adolescentes e unha audiencia máis madura.

SES regresa cun novo traballo, READMIRANDO A CONDICIÓN, no que fai unha revisión do seu disco debut para darlle una sonoridade máis ‘SESiana’. Nesta ocasión, a diferencia do primeiro disco, a cantautora encargouse ao 100% de volver a grabar, a producir e a arranxar todos os temas, que sonan agora -en moitos casos- totalmente diferentes e inclúe un nuevo tema titulado coma o disco “Readmirando a condición”
Cunha carreira que non parou de medrar dende que publicou o seu primeiro disco no 2011, SES triunfou en Galicia e máis aló grazas á súa proposta ecléctica que vai do rock ao blues pasando pola canción de autor latinoamericana, con espacio tamén para o alma de ‘cantareira’ que hai no seu interior.

Discografía
2011 – Admirando a condición
2013 – Co xenio destrozado
2015 – Tronzar os valos
2016 – Opoñerse á extinción
2017 – Readmirando a condición

Cancións