Terbutalina

Artista:

Data de Lanzamento

Descripción

TERBUTALINA, vistos por XIANA ARIAS REGO:

“E agora os deportes:

Antes de compartir camas de 90 en Benidorm, os hoxe Terbutalina compartían local de ensaio en Esteiro. Aínda que máis que ensaiar xuntábanse alí e tocaban. Facían versións dos Ramones, inventaban chistes e se cadra fantaseaban cun futuro diferente a cadrar horarios laborais para ensaiar a muerte non tan cerca da praia. Estamos afeitas a que saian ao escenario e nos fagan bailar e rir e iso hai que traballalo.

Anos de garitear e festivalear tocando tanto para 8 coma para 800 persoas canto pesan para facer un novo disco? Non se debe parecer moito a aquelas tardes do principio pero a intención está aí. A de volver e ao tempo saber que non se pode volver. Unha resaca psicolóxica convertida en paradoxo: titular Sonido Esteiro a un disco de cambio. E é que querer cambiar non só é bo para as neuronas que quedan (goodbye neuronas) senón tamén para saber que podes ofrecer algo novo e poder dicirnos ás fans que ninguén nos quere tanto.

Un disco máis pop? Ou un disco máis de rock and roll de toda a vida co ingrediente máxico: a Terbutalina. Aquí hai voces máis presentes, melodía clara, algunha palma e un guía espiritual: Tomás Metrónomo Ageitos.

En todo caso chámadeos para o que sexa. Chegan puntuais, confesados e ben peinados, e podes ser máis do V de Valarés que do Castañazo ou ao revés que te poñen a bailar. E amais de ser divertisímos algo de crónica fan. Métenseche dentro. Non sei. Eu cando conduzo de memoria, deso que non sabes ben cando pasaches tal letreiro da autopista sempre me canto a historia de Bola. Tamén teño pregado que me quiten o aire estilo Peneira. E se se non sabedes de que vos falo… xa estades tardando en descubrilo!”

Cancións

Deixar un Comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *