The Broke é un proxecto de rock que comeza a rodar no 2016, con un estilo auto definido como “Broke ‘n’ Roll”, basado nunha forte presenza vocal e de riffs de guitarra acompañados dunha base rítmica sólida, resultando un rock clásico que soa moi actual.
Tras dous anos de composición e concertos locais, a finais do 2018, tras gravar tres temas en directo en Litium Records, a banda gaña o I Concurso de Bandas Castelo Rock e alcanzan as semifinais do VI Concurso Rock in Rio Tea, o que remata nun 2019 onde os concertos en salas e festivais se suceden por toda Galicia.
No 2020 debido á situación de alarma, o grupo cancela toda a xira de presentación do seu primeiro disco de estudo Monster planificada en salas e festivais de Galicia e península. No 2021 as composicións para o segundo traballo de estudo e os concertos que permita a situación sanitaria marcarán a folla de ruta do grupo para encarar os anos seguintes.