The Parkinsons

Artista:

Data de Lanzamento

Descripción

The Parkinsons ten unha carreira dividida maioritariamente entre Portugal e o Reino Unido, son unha banda de culto e considerados por moitos como unha das mellores bandas Punk-Rock xurdidas no circuito musical británico no principio deste século, son inquedos, reivindicativos e altamente ruidosos.

Son crudos, son ruidosos, son desenfrenados e queren a túa alma !!!
Son The Parkinsons e están aquí para subir coa paixón que fuxíu da súa vida durante tanto tempo e inxectar a escena musical actual cunha patada dende hai moito tempo na froxeira de cú !!!

O cantante Afonso, guitarista Victor and baixista Pedro teñen a súa casa na vila de Coimbra, Portugal, terras de Madeira, Catolicismo and aburrimento. Decatáronse entre eles do seu gosto pola conducta escandalosa e amoral combinado coa súa paixón polo rock de “baixa calidade” e “altos decibelios” – New York Dolls, Iggy Pop, MC5.
Viron que só había un xeito de seguir – se es un mozo en implosión ti podes ser tamén unha estrela do rock and roll.

Trasladáronse a Londres, e especialmente Afonso, pronto chegou a ser coñecido polo público e topar o seu camiño salvaxe despois de cruzar os camiños co lume escocés, Chris Low, que pronto alistaron na percusión. A banda embrionaria comenzara a súa viaxe. Uns ensayos posteriores e a forza de The Parkinsons xa non se pode negar.

O primeiro concerto tivo lugar no Soho londinense. “Voaron o teito de sangue”, e axiña construíuse a súa reputación “de caos”, revelenado a súa inclinación por espirse no escenario e tratar de meterse con calquera persona ou cousa que se negase a adorar o seu “rock´n´roll damage”.
A súa enerxía no escenario foi reportado polos periodistas con frases que comparaban ó seu guitarrista, Victor, como o mellor dende Mick Jones de The Clash. “Están moi tolos, seguro, pero estes rapaces sí que valen”.

Despois de causar revoleas con actuacións incendiarias nos festivales de Reading 2001, e Leeds 2001, a súa lenda (con frases a The Strokes como “que metan as súas cancións polo cú”), disparouse moito máis. “Sold outs” en Dublín Castle, co documental na televisión da UK, boas críticas na NME Magazine, Sleaze Nation, Flux…apoiados por Suicide no ICA (no que víctor fracturouse as dúas pernas), moitas copias do seu “Bad Girl” (que costou 38 libras grabalo) con Steve Lamacq, apoio de Sum41 no Brixton Academy, sesións en Radio1, xira con Jesus & Mary Chain (causando revoleas en Manchester e Londres), compartir cartaz no The Garage con Ikara Colt no Concerto de Aninovo na BBC…Ufff…un non parar…
O ano 2002 comenza cunha nova páxina no NME Magazine como unha das novas e mellores bandas a ter en conta para ese ano. Logo, despois dunha breve incursión nos USA, os rapaces sairon do camiño de Ikara Colt e os 80s Matchbox B-Line Disasters, recibindo boas críticas foran onde foran (dúas novas páxinas na NME), e acabaron cun novo “sold out” en The Garage.

O seu primeiro lanzamento oficial, un mini álbum en Fierce Panda titulado “A Long Way to Nowhere” pasou dúas semanas no Kerrang Top40 de álbums, e foron aclamados como “Ace!” por Playlouder e “xenios- 4 sobre 5” por Kerrang. The Times déronlles tamén un 4 sobre 5 e chamándoos, “unha revelación húmida: 30 minutos brillantes dunha xeración”. En Marzo, The Parkinsons regresaron coma uns heroes o seu país de orixe, Portugal, cun concerto en Coimbra, a súa cidade natal cunha éxito absoluto (o local quedou sen alcohol antes que a banda cahegase ainda ó escenario), mentras tamén cegaban á televisión nacional co seu concerto en Lisboa.
No verán a banda chegou a festivales por todo o mundo, comenzando por ser cabezas de cartaz no ICA´s Future Rock Festival en Glastonbury, T in the Park, Fuji Rock in Japan, Witness in Ireland, Sudoeste in Portugal and Reading and Leeds…
Pouco despois disto, Chris abandonou os tambores e a lenda do rock´n´roll Nick Sanderson dos Earl Brutus colleu o seu posto. En setembro, a banda lanzou o seu primeiro curto, “The Streets of London” EP, que gañou máis números 1 nas FM e foi “Single of the Week” na Playlouder. SEguíu a isto unha nova xira pola UK, incluindo o seu maior concerto ata o momento, como cabexas de cartaz no The Garage.
Despois dunha aparición na HTV´s Pop Factory en outubro, a banda foi nominada a mellor banda revelación nos Welsh Music Awards no mes seguinte, onde brilou o seu comportamento vergoñante. No Nadal vío de novo a banda nun festival en Portugal e a súa destacada aparición no Fuji Rock Festival a través do Channel4.
2003 comenzou cunha xira de cinco semanas, a máis longa realizada por unha banda occidental, cun grande éxito.

The Guardian escribíu :
“ The Parkinsons son probablemente o máis cercano que os máis de nós poderemos experimentar o que a aparición temperán dos Sex Pistols fora agora na actualidade. Había moito tempo que a escena musical da UK non producía unha banda tan única e emocionante. A espera rematou!. The Parkinsons están aquí e todos nós seremos tomados coma prisioneiros”.

Texto: Lindley/Chris Low/David Barnett 2001/2003

The Parkinsons son: Afonso Pinto (vocais), Victor Torpedo (guitarra), Pedro Chau (baixo), João Sylva (teclados), Ricardo Brito (batería)

Discografía
Albums
2002 – A Long Way To Nowhere
2004 – Reason to Resist
2005 – Down With The Old World
2012 – Back To Life
2018 – The Shape Of Nothing To Come

Singles
2002 – “Streets of London”
2004 – “New Wave”
2005 – Up For Sale EP
2012 – “Good Reality”
2013 – “City of Nothing”

Cancións