The Soul Jacket

Artista:

Data de Lanzamento

Descripción

Moitos anos e algúns cambios de formación fóronse sucedendo dende que seis músicos a medio camiño entre Vigo e Nigrán xuntáranse nun soto alá polo xullo do 2004 para tocar un feixe de cancións inspiradas polo son do Rock´n´Roll americano e británico dos primeiros 70. Foi precisamente o matiz puramente Soul e afroamericano da voz de Toño – sumado a unha apabullante presencia escénica chea de clase pero salvaxe- o que os levou bautizarse como The Soul Jacket.
Despois de gravar algunhas demos -que inmediatamente os llevaron ós podios de numerosos concursos e situou o seu nome xunto ós de grandes referentes do Soul e Rock & Roll internacional- finalmente decidiron dar un salto vital na súa carreira: pecharse durante un ano no seu local de ensaio para preparar o que sería a súa impactante, atemporal e a día de hoxe, ainda aclamado, primeiro álbum: Wood Mama (2012). Para plasmalo a banda viaxou aos Guitartown Recording Studios de Muriedas (Cantabria) comandados polas expertas mans e oidos de Hendrik Röver, lider de Los Deltonos. Foi esta una gravación á antigua, en directo e en pouco máis de 10 días. Wood Mama é unha viaxe de once pistas polos sendeiros da música americana de raíz negra, cun son reverberante e cálido, deixando á vista as case imperceptibles fallas dunha banda que transmite a súa mensaxe axita conciencias con completa honestidade hacia eles mesmos, como músicos e coma letristas.
Durante a extensa xira de presentación deste primeiro álbum, The Soul Jacket ainda acadaron xuntar tempo para compoñer, gravar e auto-producir o EP Gunpowder Valley (2013). Un divertimento de tres temas e máis de 20 minutos de duración cargado de conciencia ecolóxica, pero cheo de raiba e dun sentimento afumante e psicodélico onde debuxan un fogar e unha Galicia literalmente en chamas (lembrando os incendios forestais dese verán do 2013).
Nunha virada inesperada, no 2014 a banda consigue derribar o muro do “difícil segundo álbum” cun dobre LP ó que titulan Black Cotton Limited (2014). Con este novo disco The Soul Jacket desplegan un amplo imaxinario de Rhythm & Blues pegañento, con longas pasaxes instrumentais, complexas armonías vocais e incluso tonadas de taberna mariñeira para cantar a voz e berrando. Cheo de referencias á familia e a redención, Black Cotton Limited mostraba a unha banda madura e disposta a romper cos atados e o manierismo do Rock & Roll máis clásico.
Despois de dous anos de xira esgotadora por España e algunha incursión no extranxeiro, a banda tómase un descanso para gravar e autoproducir outra peza de música artesanal, o EP de catro temas Soul BBQ (2016): Funk, Soul sureño acústico e ecos afro-latinos para unha música colorista, onde o pantasma da guerra e o éxodo dunha África escachada ábrese paso a través dos ritmos febriles e cánticos reverberantes.
The Soul Jacket (Volumen III, 2017). Este novo álbum estivo rodeado de misterio dende o mesmo intre no que a banda galega anunciou inesperadamente que volvían viaxar aos Guitartown Recording Studios de Hendrik Röver para darlle forma. Un misterio que enchoupa a música de todos e cada un dos seus once cortes, pechados tras unha enigmática portada sen título nin referencia de ningún tipo. A aproximación ó blues lisérxico dos Fleetwood Mac da era Peter Green, a cadencia e o sentido da melodía dos anos dourados do Laurel Canyon californiano, os vastos territorios dos pioneros do Country Rock, e a melancolía mística pero reconfortante das Basement Tapes de Bob Dylan & The Band. Todo isto fúndese de xeito maxistral neste novo traballo discográfico. Sen dúbida, o mellor e máis ambicioso na carreira dunha banda totalmente comprometida coa súa mensaxe e a súa música.
The Soul Jacket (Volumen III ) vé a luz no mes de Marzo e a banda, ávida de defendelo en directo, o seu elemento vital, arranca a xira de presentación con dous dias e dous “sold out” consecutivos en La Iguana Club, poucos días máis tarde viaxan a Londres para un show na mítica sala “Hundred Club”, e á súa volta embárcanse nunha xira nacional que os leva a máis de 15 conciertos en pouco menos dun mes e a presencia en festivales como el Enclave de Agua (Soria), Festival do Noroeste ( A Coruña), Blues Museum (Lugo), Sweet Cotton festival (Jaén), Guijuelo Rocks…
Sobre The Soul Jacket (Volumen III, 2017) escribíuse:
“Unha calidade e excelencia que agora mesmo non ten igoal no feito nas nosas fronteiras.”
Kepa Arbizu ( El Giradiscos)
“Bandas consagradas no panorama musical nacional non gravaron un disco así. Aí o deixo.”
Jordi Sanchez ( Ruta 66)
“Fabuloso disco de The Soul Jacket, un disco inoxidable que síguese escoitando con infinito placer” Carlos Pérez Báez (Dirty Rock)
Volumen III (2017) xa se pode disfrutar nas principais plataformas de streaming, edición en CD digipack e unha edición de luxo en vinilo de 12” con portada despregable.
The Soul Jacket son: Jorge Mizer (guitarra), Guillermo Gagliardi (guitarra), Jann Zerega (baixo), Xabier Vieitez (teclados), Mauro Comesaña (batería), Toño López (voz principal)
Discografía:
2012 – Wood Mama
2013 – El Valle De La Polvora (EP)
2014 – Black Cotton Limited
2016 – Soul BBQ (EP)
2017 – Volume III

Cancións