Morrasound Rock Fest

Domaio – Moaña

A Asociación Sociocultural Fontenla, asociación sen ánimo de lucro, é a encargada de organizar o Morrasound Rock Fest. Agardámoste os próximos 2 e 3 de Xullo para que disfrutes connosco. Saúde e Rock & Roll !!

Enlaces de interese

Séguenos nas redes

Morrasound Rock Fest/Zålomon Grass

Zålomon Grass

Último Álbum

Zålomon Grass e o seu blues cósmico e desbordante chegaron para sacarnos da apatía e o entumecimiento destes tempos tan estraños. Cando outras bandas desisten ou se abandonan á auto compaixón,

Optan por auto producir unha gravación en directo nos estudos Radar de Vigo empapada de suor e cargada de electricidade. Catro temas orixinais nos que baixo, batería, guitarra e voces lévannos polos carreiros do hard blues máis setenteiro.

A épica de Led Zeppelin está aí, como tamén o retumbar paranoide e lisérgico dos tambores de Black Sabbath ou os aullidos exóticos da guitarra de Hendrix. David Rodd, Mauro Comesaña e Gabriel Mckenzie; tres músicos coa cabeza envolta en nubes de fume multicolor pero cunha idea ben clara: achegar sangue novo a un legado imperecedoiro.

 

InstagramFacebookSpotifyYoutubeBandcamp

Zålomon Grass

The Four Track EP

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche no enlace para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies